En galego



CEIP SAN XOÁN 

BECERREÁ. LUGO. 

ESPAÑA

(Blog do colexio

Blog da nosa aula PT)






MARZO, A FAMILIA PARTICIPA

Queremos saber moito da casa en que vivimos... pero nós somos nenos, así que precisamos a información dos nosos maiores... É importante que os nosos pais, avós, tíos... nos axuden a coñecer a historia das nosas casas...
Podes ver toda a información no seguinte



FEBREIRO, PRESENTANDO AS NOSAS CASAS 2

Saber algo dunha casa inclúe coñecer a súa dirección. Para iso, imos traballar coas nosas direccións, os rueiros, os mapas de Google... e, como non, escribiremos cartas...
Podes ver toda a información no seguinte



FEBREIRO, OS EXTERIORES DA CASA

É importante coñecer o vocabulario... e falando de casas, o vocabulario das partes exteriores da casa é o que imos traballar aquí. Faremos un dicionario cos termos en todas as línguas do proxecto.
Podes ver toda a información no seguinte



FEBREIRO, PRESENTANDO AS NOSAS CASAS 2

Saber algo dunha casa inclúe coñecer a súa dirección. Para iso, imos traballar coas nosas direccións, os rueiros, os mapas de Google... e, como non, escribiremos cartas...
Podes ver toda a información no seguinte

Enlace


FEBREIRO, PRESENTANDO AS NOSAS CASAS

Agora é a quenda das nosas casas. Partindo das imaxes delas queremos facer unha presentación para todos os nosos compañeiros que, á súa vez, terán que descubrir cales son as semellanzas por país. Despois faremos un documento para comparar todas as casas por países... e extraer as nosas conclusións.
Podes ver toda a información no seguinte
Enlace 


XANEIRO, PRESENTÁNDONOS

Iniciamos o ano presentándonos.
A presentación será mediante un xogo, no que cada un de nós terá que encontrar a descripción que se corresponde con cada foto.
Podes ver toda a información no seguinte
Enlace
DECEMBRO, NACE UN NOVO PROXECTO

Para o mes de Decembro comezaremos o desenvolvemento do proxecto eTwinning 
"A historia da miña casa"
no que aprenderemos sobre o edificio e a historia familiar que alberga, sobre os materiais que o compoñen e os segredos que hai na súa elección, sobre as formas que os climas deciden que teña...
Os vindeiros meses estaremos traballando sobre o noso contorno máis próximo e o compartiremos con outros alumnos e profesores: España, Portugal, Turquía, Rumanía e Polonia... a aprendermos uns doutros.

No hay comentarios:

Publicar un comentario